Descripción
Aluguer para o curso escolar: este aluguer supón o cumprimento íntegro de contrato até o mes de Xuño inclusive (por tanto exclúe os meses de verán).
Dispoñible tamén como vivenda habitual por tempo indefinido. Consultar condicións.
Alúgase amoblado e o prezo é coa comunidade, auga e rede de sumidoiros incluídos, quedando por conta do inquilino a luz, lixo e a calefacción se se usa.
Totalmente exterior, situado na planta baixa do inmoble (aínda que practicamente resulta unha primeira planta, polo desnivel do terreo). Comparte con outros pisos unha leira con aparcadoiro e xardín con vistas á ría de Aldán, nunha zona moi tranquila, ben comunicada e próxima a Hío.
Consta dun só dormitorio con cama de matrimonio e armario encaixado, un acolledor salón-comedor-cociña e un baño xeral. Dispón de auga quente eléctrica, calefacción central, forno e cociña vitrocerámica e xanelas tipo climalit.
Non se admiten cans. É compatible coas deducións fiscais no IRPF. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Precio Venta 1.235.000 €
Precio Alquiler 1.575 €/mes
Año de construcción 1948
Construidos 325 m2
Útiles 300 m2
Precio/m² 3.800
Jardín 1.200 m2
Dormitorios 5
Baños 4
Amueblado
Cocina Amueblada
Calefacción Central a gasoil
Terraza
Estado Buen estado
Tipo de suelo Gres & Parquet
Zonas comunes
Calificación Energética
(E) VER
Acceso discapacitados